Facer desde aqui unha homenaxe aos poetas obriga a  comenzar por homenaxear a Rosalia.¿Como se vos dá escribir poesía? Deixade as vosas mostras .Nós  deixamosvos unhas estrofas de Rosalía que vos sirvan de inspiracion:

“Eu cantar,cantar cantei,

a grasia non era moita

que nunca (delo me pesa)

fun eu meniña grasiosa

Cantei como mal sabía

dándolle reviravoltas,

cal fan aqués que non saben

direitamente unha cousa….”

” O amor é acougado,é amable,o amor non sabe de envexas nin é fanfarrón, non ten orgullo nin é destemplado,non procura o seu interese,non se enfada, non anota as ofensas,non se alegra das inxustizas,alégrase de verdade” 1Co 13

Creo que non hai palabras para iniciar este bloque. Só HAITI

Comentaba eu hai pouco´,que tiña que escribir a carta aos reis Magos e alguén con ton seco e de moi vello  dixo que xa eramos moi grandes para “esas” cousas. Case me encabuxo, pero logo realmente entroume unha fonda tristura ¿xa non hai ilusión por nada ?. Pois eu,que xa  non son pequena,pero non teño espíritu de vello ,si vou escribir   a miña carta aos Reis ,coa ilusion de cando era pícara.

“Queridos reis de Oriente: Este ano non sei que pedir,porque moi boa non fun, eh….home,!   moi mala tampouco. ¡¡¡Así así!!!!!.

Querería: un sorriso dos nenos e dos non tan nenos,unha aperta  dun amigo e ….do que non é amigo tamén,un bico agarimoso daqueles aos que quero e …me queren aínda que sexa un pouco e eu non saiba porque , que non haxa  liortas nin de obra nin de palabra,…..non ter que chorar de dor,nin de tristeza,…nin que choren , non poñer coas miñas actitudes tristes aos demais….¡¡¡¡Ser feliz e ver,sentir,facer felices aos demais!!!

¿sigo? O resto póñovolo noutra en segredo.

Ah!Moita saúde ,moito amor ,….e que non nos falten uns cartiños para chegar a fin de mes . Bicos. Deixovos unha copa e as miñas zapatillas na ventá do salón. Doces non, que xa os como eu. ¡Vós  tedes que vixiar o azucre!!

Destino: As súas Maxestades de Oriente.

Así comenza unha panxoliña que creo,todos oimos algunha vez.Pero a meirande parte de nós  sabe “cachiños ” de panxoliñas,de cantos de reis,…Quizais sexamos capaces de lembrarnos dalgunha de …antes,cando as aprendiamos no colo da nai, na escola , de oilas moitas veces. …

Propoñémosvos que fagamos memoria e lembremos,aínda que sexan cachiños,panxoliñas, e se son aprendidas na casa mellor . Como moitos procededes doutro lugar ¿unha na vosa lingua orixinal?.Multiculturalidade-multilingüa

 No colo da miña nai aprendin ” “Vinde ve-lo neno que está espidiño e acurrucadiño ao pé do seu pai,e mancano as pallas en que está deitado….

Tócavos poñerlle intencion,preguntar na casa ….¡O camiño cara a Belen!

” Había unha vez nun lugar moi lonxano unha ….” moitos dos contos que nos aprenderon de pequenos comenzaban dese xeito,ou parecido. ¿Lembradelos?. Habíaos ben chulos . Outras veces temos inventado para entreter a un irmán que chora,a un amigo pequeno que non dorme,…imaxinacion,ilusion,gañas …. Lembrade daqueles anos onde os contos eran tan importantes . ¡Contanos un conto !

É iso,persoal. O texto que escribimos cada día sobre o que nos acontece e reflicte os nosos pensamentos,sentimentos,plans,proxectos,,opinóns

Que sentimos no primeiro concerto,co nacemento dun irmán ,cando gaño un amigo, cando o perdo …se me namoro,se me plantan….Sentimentos aos día

 Hai que recobrar o traballo e o pulso da vida cotiá. Que non signifique a volta á rutina diaria. Nada se debe facer dun xeito rutineiro porque o ser humano sempre lle debe imprimir o seu labor un chisco de ilusión, de imaxinación e gañas para facer algo distinto. Non é fácil, e que non é o mesmo nunhas profesións que noutras.   Na miña faceta de mestra, sucédeme o que acabo de dicir; posiblemente non tanto por min, senón porque todos os anos me atopo con algún novo alumno. Ese é un dos alicientes do ensino: sempre te atopas con persoas, con persoas distintas e diferentes, sempre novas e da mesma idade mentres que un se vai facendo un ano maior, e polo tanto tes que procurar axeitarte renovadamente a esa realidade humana. Por iso a ilusión do comezo do curso é grande, cousa que hai que manter ao longo de todo el, tarefa que non é fácil, pero á que contribuíen moitos factores para que así suceda.

Teño a gran sorte que neste traballo, non hai un día semellante ao anterior. Hai que inxectarlle ilusión, imaxinación, gañas de darlle solucións e forza para que o conxunto do equipo vibre na mesma sintonía…
¡ Ánimo e benvidos ao novo  curso!

Bicos

Andamos a rematar. Acabando.Merecido descanso para todo o traballo que cada un, no seu choio realiza.Así que este burato é para que aquí poñades o que se vos ocurra( máis menos) ,do tema que queirades. Tardaremos,pero  comentaremos .Boas vacacións

Esta entrada case ten destinatario/a. Veredes o sábado asistin a unha xuntanza de rapazas ,que nacidas no 71 tiñan en comun ter estudado na nosa escola.Unhas ata os catorce, ata os dezaseis … Pero que tiñan unha morea de lembranzas  sobre aqueles anos.Que conste que aínda que de nomes nin un,de cara a moitas. Foi para min unha enorme satisfacion compartir con elas unha Eucaristía. Logo “deixeinas ir”. E agora que xa matinei ¿Porque non contades cousiñas daqueles anos? Seguro que quedan por contar moitas,moitas….cousas (que se poidan contar) ¿se fostes capaces de xuntarvos ,non seredes capaces de escribir?¡ánimo!

Next Page »